Saúdo ao sol!




 O "Surya Namaskar" é unha postura ou assana clásica do ioga, co que moitos adestradores recomendan comezar as sesións, ou o noso día, o ioga é o punto de unión entre o corpo e a alma e nos permites conectar coa nosa esencia e tomar un descanso para nós mesmas. Ademais calquer persoa o pode practicar, e axuda a que esteamos máis en clama e máis en forma.

Este é o motivo fundamental polo que decidín abrir un novo blog, que fora un pouco un punto de conexión entre as cousas máis "terreais" o traballo educativo, o sistema e o día a día nas aulas, e a miña parte máis "etérea", artística, reflexiva, metafórica... Un pouco para estar en forma, e un pouco tamén para sentirme mellor...

Este non pretende ser un Blog de docente para docentes, pois eu non teño moito que aportar, e ata me daría reparo, pois hoxe en día e na nosa contorna hai compañeiras e compañeiros cunha bagaxe, creatividade e xenerosidade coa súa experiencia pedagóxica e da que tanto podemos aprender e compartir, que me resultaría avergoñante intentar que o meu blog e as miñas humildes aportacións se colocaran a esa altura.

Este si é o blog dunha educadora de formación e paixón, que quere compartir dende a modestia, as súas experiencias e aprendizaxes, como unha bitácora na miña viaxe docente e como un exercicio de equilibrio entre a docencia e a práctica, entre a docente e a persoa.

Gracias a todas as que adicades un minutiño a ler estas verbas

Comentarios

Publicacións populares