Lembras cando de pequen@ tiñas nervios de antes ir de excursión??

Axitación, cóxegas na barriga, non poder parar cos pés, e a cabeciña dando voltas ...e máis voltas... estarei á altura?, darei feito? e se non dou??

Lembras?

Teño que recoñecer que é unha sensación que soe pasar a visitar cada vez que afronto unha nova situación: unha viaxe, unha cea especial, preparar unha sopresa ou un regalo para alguén querido...ata estrear unha actividade nova na clase, algunha destas ás que lle adicas semanas ata tela preparada para o alumnado...

Así agroma a miña pequena interior, con esa ilusión infantil...

Hoxe, ese sentimento volve, costará durmir, tocará dar voltas e reviravoltas no colchón...e mañá....

...pois veremos que pasa, o primeiro é coñecer ao equipo, o centro e facer a formación do voluntariado.

Se queres saber algo máis podes ver aquí   🔝   Elna Maternity Center.

seguirei informando....



Comentarios

Publicacións populares